
Dende o seu solitario confinamento en California e tralo seu retiro dos cuadrilateros, Laurence Taraud decidiu visita-las instalacións do colectivo, comezando pola delegación belga. O seu paso polo lugar non pasou desapercibida polos residentes que de seguido entablou unha peculiar relación. O seu alcume (M.A. ven de Mala Actitude), non é o reflexo do seu don de xentes pero si é certo o que afirmaba para entrar a traballar como gardaespaldas de Bruce Lee, Michael Jackson ou Diana Ross: “Aparte de Deus non hai maior protector ca min”


Nado en Chicago e sendo o menor de doce irmáns, sempre mostrou grandes dotes para os deportes, a loita e as artes marciais. A súa dote de bo deportista levouno a universidade, onde non foi quen de rematar pero si tomou un interese oculto polas artes plásticas. Estes días vémolo reflectido nas pegatinas que leva no seu peito e que están a comezar a conquerir os espazos lúdicos de Louvain-la-Neuve.




M.A. Barracus, o máis duro do Equipo A, aínda tivo tempo de deixar unhas lección musicais e como actor. O seu disco de contido pedagóxico rompeu os moldes da industria musical e permitiulle aparecer tempo despois no videoclip dos rapeiros Busta Rhymes y Puff Daddy e nun anuncio do Warcraft dicindo: “son un elfo da noite”. Outro grande logro seu foi resucitar Wrestlemania da man do tamén celebérrimo Hulk Hogan.
MOITAS GRAZAS LAURENCE!!!
letra do video: http://www.fortheretarded.com/lyrics/mother.html
vida e obra de Laurence Tureaud (fonte): http://rafa.supersized.org/


































